ubuntu gnulinux. Curso da Universidade de Verán
Aquí os traemos hoy un cursito de verano... en Santiago no estaría mal pasarse unos diítas... haciendo turismo libre y cultural ;-)
Curso da Universidade de Verán
- Introdución a Ubuntu GNU/Linux (UBUNTU 09)
- Lugar: Nas aulas I1 e I2 da Escola Técnica Superior de Enxeñería
- Nº de horas lectivas: 31
- Organiza: A Oficina de Software Libre
- Director: Tomás Fernández Pena
- Secretario: Enrique Estévez Fernández
- Límite de alumnos: 60
Ubuntu GNU/Linux é un dos mais populares sistemas operantes baseados en Software Libre, centrado na liberdade do usuario para empregar copiar e modificar os programas de ordenador como precise.
Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo impartir unha introdución a Ubuntu ca finalidade de achegar este sistema aos usuarios noveis e básicos que busquen unha visión de conxunto de cómo funciona o sistema e aprender cómo aproveitar mellor as suas posibilidades -- todo dende o punto de vista do usuario non-técnico.
O curso está dirixido a un público xeralista, podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoal externo á mesma.
Os/as asistentes a cursos de verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia.
Os/as estudantes da USC recibirán, ademais o certificado por 2 créditos de libre configuración. para o que é requisito a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas
PRAZO e IMPORTE da MATRíCULA
A inscrición poderáse facer en liña a partires do 25 de maio ou presencialmente a partires do 15 de maio.
A data límite de inscrición é o 17 de xullo
NON SERá POSIBLE MATRICULARSE FóRA DO PRAZO.
Informacións das normas reguladoras da universidade de verán na seguinte ligazón: uveran09.
Os importes da matrícula distinguiránse en duas seccións:
Taxa xeral: 120 €*
Taxa reducida: 70 €*2
Luns (27 de Xullo do 2009)
Probar e instalar a distribución GNU/Linux Ubuntu
Impartida por: Martín Vázquez
- Como instalar un arrinque dual
- Como instalar para arrinque único
- Particionamento de disco
- Sistemas de ficheiros
- Probar cd-vivos
Martes (28 de Xullo do 2009)
Contornos de escritorio e as copias de seguridade
Impartida por: Fran Diéguez
- Tarefas habituais: montar e desmontar dispositivos, escritorios virtuais, manexo do nautilus, como comprimir e descomprimir, ficheiros, como gravar cederróns
- Como facer copias de seguridade
Mércores (29 de Xullo do 2009)
Aplicacións de uso xeral e outras configuracións
Impartida por: Denís Fernández
- Firefox
- Evolution
- Rythmbox
- Empathy
- Totem/VLC
- Idioma: configuración de idioma no sistema, modos de entrada, codificación do sistema de ficheiros, os pacotes de software traducidos por Mancomun
Xoves (30 de Xullo do 2009)
Instalar/desinstalar programas e a comunidade
Impartida por: Enrique Estévez
- Instalar e eliminar paquetes de software: como buscar software novo, como instalar un pacote individual, como instalar programas que non sexan pacotes
- Wine - aplicacións de Windows
- Cando o software libre non é dabondo: aplicacións privativas, códecs, controladores de dispositivo
- The GNU/Linux way: a comunidade e a axuda entre usuarios -lugs, como atopar documentación e axuda, os grupos de usuarios de GNU/Linux de Galiza
- Probar cd-vivos
Venres (31 de Xullo do 2009)
Breve introdución a outras aplicacións e boas prácticas
Impartida por: Oscar Casal
- As posibilidades do GNU/Linux: ofimática, vídeo, deseño e maquetación, tratamento e análise de datos, programación e desenvolvemento, xogos, ...
- Boas prácticas nas tarefas diarias
- Estándares
Fuente: [ ]
- Bitácora de eraser
- Log in or register to post comments